Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABRE O SEGUNDO PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA

A Escola de Música Concello de Ortigueira abre hoxe o segundo prazo de matrícula para o novo curso. As persoas interesadas poderán anotarse nas instalacións do centro de 10:00 a 14:00 horas ou de forma telemática a través da páxina web www.ortigueiramusica.com ata o 17 de setembro.

A Escola sinala que hai prazas vacantes nos grupos de música e movemento, canto, percusión, gaita, acordeón, vento-madeira e vento-metal. Tamén se poden presentar solicitudes para a lista de espera en guitarra e piano.

“O 1 de outubro comezará o curso 2021-2022, no que agardamos que moitas máis persoas continúen coa súa formación musical e que outras comecen con ela”, sinalou o edil de Cultura, Juan Cao. “Neste ano ampliamos a programación con respecto ao pasado, ofrecendo máis variedade de instrumentos ao alumnado”, explicou.

O próximo 21 de setembro publicaranse os horarios colectivos na páxina web e o taboleiro da Escola. Do 23 ao 29 será a quenda para a elección de horarios individuais e o 30 setembro a presentación do curso.

Back to top