Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE CONTACTO DA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA – EMCO

Márquez Cortiñas, s/n.
981 402 432.
Horario de verán: de luns a vernes de 11.00h a 14.00h; e de 16.00h a 20.00h.
Horario de inverno: de luns a venres de 16.00h a 20.00h.
Web: IR Á LIGAZÓN Web Escola de música
IR Á LIGAZÓN Facebook Escola municipal de música
IR Á LIGAZÓN Instagram Escola municipal de música
Persoas de contacto: Diego Pérez e Carlos Diéguez escolademusica@concellodeortigueira.com
IR Á LIGAZÓN Situación da Escola de música no Google Maps

A Escola de Música ‘Concello de Ortigueira’ -EMCO – comezou a súa andaina no ano 2000.
Dende entón vén desenvolvendo unha labor educativa destinada a fomentar a afección musical entre os nenos e consolidala entre os adultos.
Os métodos de ensino do centro están actualizados e adaptados ás necesidades dos alumnos, que poden comezar os seus estudos a partir dos 3 anos contemplando as ensinanzas oficial e a de adultos, ambas cunha formación integral.

A importancia da música para contribuír a unha maior calidade de vida, lévanos a crear programas sociais como “Música para a Vida”, programar circuítos de concertos no noso concello así como a de impulsar ás agrupacións nacidas da Escola: A Banda Xuvenil, os Coros, o Grupo Celta, de Rock, Tradicional, de Cámara…

Xunto coa ensinanza propia dos instrumentos, na Escola impártense tamén as ensinanzas de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos instrumentais e Vocais, así como Dirección, Harmonía, Análise e Historia da Música.

As prazas da Escola son limitadas por rigoroso orde de inscrición de prematrícula e con preferencia (reserva de prazas) para os alumnos xa matriculados no anterior curso escolar.

As persoas interesadas en cursar estudos deberán entregar cuberto o impreso de prematrícula na secretaría da Escola de Música do 5 ao 29 de xuño (prazo pechado para 2018).

Pode descargar o impreso na seguinte ligazón:

VER PDF Instancia de prematrícula EMCO

O claustro de profesores durante o curso 2017/2018 son: Bruno Álvarez Gómez, Juan Barcón Peña, Carlos Diéguez Beltrán, Gerardo Fernández Álvarez, Rubén Montero Pena, Vicente Rey e Alejandro Vázquez.

Para dar a coñecer a Escola de Música “Concello de Ortigueira” organízase anualmente unha semana de portas abertas, onde os interesados e asistir á Escola e os alumnos de 6 anos de Formación Básica matriculados neste curso e que comezan con instrumento para o vindeiro poden asistir e ver de cerca as instalacións, os instrumentos e o funcionamento da Escola.

O uso da Escola municipal de Música está regulado polas súas correspondentes ordenanzas, que pode consultar nas seguintes ligazóns:

VER PDF Ordenanza fiscal da escola de música
VER PDF Regulamento da escola de música

Non hai eventos

Back to top