Política de privacidade
O Concello de Ortigueira cumpre o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), así como na normativa vixente en cada momento, co fin de garantir un uso e un tratamento correctos dos datos persoais da cidadanía.
Por este motivo, a presente política de privacidade ten como obxecto informar acerca do tratamento de datos de carácter persoal que o Concello de Ortigueira realiza neste sitio web, na sede electrónica e en calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles.
A persoa titular da información será informada, con carácter previo á recolección dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política conforme os seguintes aspectos:
1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
O responsable do tratamento dos teus datos é o CONCELLO DE ORTIGUEIRA.
Enderezo postal: Praza de Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira, A Coruña
Teléfono: 981 400 000
Correo electrónico de contacto DPD: dpd@concellodeortigueira.com
O artigo 37.1 do Regulamento (UE) 2016/679 xeral de protección de datos (RGPD) establece que as autoridades e os organismos públicos teñen a obriga de designar un delegado de protección de datos (DPD). Conforme o citado artigo, o Concello de Ortigueira designou o seu DPD e comunicouno á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), como se pode consultar no buscador público de delegados de protección de datos da AEPD: Ver DPD
2. Para que tratamos os teus datos persoais?
Os datos que nos facilitas, así como calquera outro xerado durante o desenvolvemento da relación coas persoas usuarias, poden ser tratados para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación con elas.
De ser o caso, as finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de recollida de datos (formularios web, formularios en papel, locucións, carteis e notas informativas) para os supostos concretos.
A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Ortigueira leva a cabo está dispoñible no seguinte enlace ao rexistro de actividades de tratamento.
3. Cal é a base xurídica que lexitima o tratamento dos teus datos persoais?
O tratamento dos datos das persoas usuarias realízase no cumprimento das obrigas legais que corresponden ao Concello de Ortigueira, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, na protección de intereses vitais, na execución dun contrato e/ou pode estar tamén xustificado no consentimento das persoas interesadas, que terá que ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Cando o tratamento se basee no consentimento, a persoa interesada terá dereito a retiralo en calquera momento, sen que iso afecte a licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
4. Por canto tempo conservamos os teus datos persoais?
Os teus datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que deban ser conservados con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se cumpra o prazo de prescrición das posibles responsabilidades nacidas do tratamento.
En consecuencia, o prazo de conservación dos teus datos persoais dependerá do especificado para cada tratamento, así como do estabelecido na normativa de arquivos e documentación.
5. A quen lle podemos comunicar os teus datos persoais?
O Concello de Ortigueira traballa en coordinación con outras administracións públicas locais, autonómicas ou estatais con competencias en materias similares ou equivalentes ás desenvolvidas polas distintas concellerías, polo que cómpre o intercambio de datos con fins de acreditación, investigación, informativos ou de evitar duplicidades na prestación de servizos e axudas, ademais da cooperación con xuíces e tribunais cando estea obrigado ou sexa requirido para iso.
As administracións públicas, por outra banda, están suxeitas a un principio de transparencia regulado en normas xurídicas que obrigan a facer pública a información necesaria que permita a máis ampla participación da cidadanía e dea visibilidade á actividade relacionada co funcionamento e co control da actuación pública. En todo caso, o Concello de Ortigueira procederá respectando sempre o equilibrio entre a transparencia e o dereito á protección de datos persoais.
6. Cales son os teus dereitos en protección de datos e como podes exercelos?
A través deste enlace ofrécenos sede electrónica podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación do tratamento dos teus datos, así como o dereito a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos teus datos, cando procedan, mediante escrito da persoa interesada dirixido ao Concello de Ortigueira, rexistro xeral: Praza de Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira, A Coruña; ante calquera dos puntos de rexistro de entrada do Concello, ou por correo electrónico á dirección electrónica dpd@concellodeortigueira.com
Este correo só funciona para efectos de información ou consulta. O exercicio dos dereitos en materia de protección de datos debe presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Igualmente, poderás formular reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos, sita na rúa Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, ou mediante a sede electrónica:
https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/infoSede/consultaDPD.jsf
7. Cales son as nosas medidas de seguridade?
O Concello de Ortigueira é consciente da preocupación da persoa usuaria pola seguridade; por isto optou por implementar niveis de seguridade adaptados aos riscos das operacións de tratamento, para o adecuado funcionamento, as funcionalidades e os servizos da web, preservando a integridade e a seguridade dos datos e das relacións almacenadas, co fin de evitar a perda, a alteración ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza, o alcance, os fins e o contexto dos datos almacenados e os riscos aos que estean expostos, xa proveñan da acción humana ou de medios físicos ou naturais.
8. Concello nas redes sociais
O Concello de Ortigueira ten presenza en redes sociais. Se te fas seguidor ou seguidora nas redes sociais do Concello, o tratamento dos datos persoais rexerase por este punto, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptases previamente. Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestes enlaces:
O Concello tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informarte das súas actividades, produtos ou servizos, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.
En ningún caso se utilizarán os perfís de seguidores das redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.