Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de Deportes encárgase de fomentar os indubidables beneficios que o deporte lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico. Hoxe a práctica do deporte ten unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración. A través do servizo de Deportes xestiónase a organización dos servizos.deportivos municipais e promove diversos programas destinados a ofrecerlles aos cidadáns actividades e instalacións deportivas de calidade.

A área de Deportes céntrase asemade na promoción do asociacionismo, a través da subscrición de convenios de colaboración con entidades e da concesión de subvencións. Neste senso ofrece asesoramento e traballa pola organización de actividades conxuntas. Un dos obxectivos da área de deportes pasa por favorecer e promocionar o uso das instalacións existentes por parte da cidadanía. Deste xeito, as persoas que o desexen poden empregar os diversos espazos dispoñibles previo pago dos prezos públicos correspondentes. Non é preciso aboar as devanditas taxas no caso das instalacións de uso libre, como as pistas polideportivas parroquiais.

A programación anual de actividades divídese principalmente en dúas tempadas diferenciadas: a de verán e a de inverno. Establécense, para cada unha delas, diferentes obxectivos relacionados coas condicións meteorolóxicas ou os períodos escolares.

Esta área está xestionada polo concelleiro José Antonio Monteagudo Villar, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Deportes e Mocidade

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Alberto Balboa deportes@concellodeortigueira.com

 

Oficina de información da Piscina Municipal

Rúa Paseo Barro Soto, 3.
981 422 026.
Horario de inverno: de luns a venres de 9.00 h a 13.15 horas, e de 16.15 h a 22.30 horas. Sábados de 10.00 h a 14.00 horas e de 17.00 h a 20.00 horas. Domingos e festivos: pechado.
Horario de verán: de luns a sábado de 9.00 h a 14.00 horas, e de 19.00 h a 22.30 horas. Domingos e festivos: pechado.
piscinaortigueira@gmail.com

Non hai eventos

Back to top