Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A concellería de Cultura e Educación, organizada sobre tres grandes áreas de xestión (Festival Internacional do Mundo Celta , programación de eventos culturais e promoción de accións educativas), ten como principais obxectivos fomentar a cultura en tódalas súas manifestacións artísticas (escénicas, plásticas, visuais, gráficas, literarias, etc.) e apoiar a formación educativa.

Entre as comeptencias na área de cultura destacan as relacionadas coa programación cultural do Teatro de Beneficencia, as exposicións e a biblioteca municipal. Dentro das competencias educativas, están a xestión da escola de música municipal e da Aula de informática, e a representación do concello na escola infantil e demais centros educativos da vila (colexio e instituto).

Con estes medios e obxectivos, esta concellería traballa no desenvolvemento dunha sociedade futura con máis oportunidades de ocio e formación, diversificando e descentralizando as accións culturais, ofrecendo unha programación participativa e colaborativa.

Esta área está xestionada polo Concelleiro Juan Cao García, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello. Nomeadamente, a xestión do Festival Internacional do Mundo Celta recae sobre o concelleiro Ángel Lozano Novas.

Área de Educación e Cultura

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Juan Cao García juan.cao@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top