Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Concellería de medio rural e servizos básicos á ciudadanía leva a cabo funcións en materia de infraestruturas e subministros propios da competencia municipal, como son as redes de saneamento, as redes de abastecemento e a rede viaria, planificando e executando as actuacións necesarias para o desenrolo das de nova creación e efectuando o mantemento das que xa se atopan en funcionamento por medio dos operarios adscritos á Brigada de Obras Municipal.

Tamén realiza tarefas de xestión e control dos diferentes servizos municipais (limpeza viaria, alumeado público, limpeza de edificios municipais, recollida de residuos, roza de maleza nos camiños, limpeza e mantemento de zonas verdes, etc).

Outra das súas funcións é a de proporcionar asesoramento técnico para a redacción de proxectos, valoración de ofertas, direccións de obras municipais e coordinación de seguridade e saúde destas e tamén, a de colaborar con outras concellerías, proporcionando e facilitando medios materiais e humanos para o desenrolo de todo tipo de actividades deportivas, culturais e recreativas, como son o Festival do Mundo Celta, a Cabalgata de Reis e as Festas Patronais, entre outras.

Esta área está xestionada polo Concelleiro Miguel Ángel Yáñez, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello:

Área de Servizos á Cidadanía

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Miguel Ángel Yáñez

Área de Medio Rural

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto: Dámaso Pico Balsa oficina.tecnica@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top