No seguinte desplegable pode acceder á información sobre os programas específicos desenvoltos dentro das políticas sociais municipais para a veciñanza:

Aberto ata o 15 de novembro o prazo de inscrición para o programa “Xuntos polo Nadal 2018” de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores de 60 anos, que se atopen soas nestas datas. O destino este ano é a Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia da Coruña.
O programa que se desenvolverá entre o 23 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019, consiste en:

• Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
• Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
• Desprazamento en autobús.
• Actividades de animación sociocultural.

As persoas participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (537,84 €/mes), asisten de balde ao programa, e aquelas con ingresos superiores contribuen cunha achega de 50 €.

Máis información na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Xuntos polo Nadal 2018

O proxecto “Cuidadanas”, que organiza a Fundación Mujeres, é unha iniciativa que ten como obxectivo mellorar a saúde e calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar a través dun servizo de apoio integral que inclúe asesoramento individual, espazos de participación e obradoiros de diferentes temáticas.

  • Obradoiro “Quen coida de min?”, e abordará as pautas de autocoidado para manter a saúde. Celebrarase os días 26 de setembro , 3 de outubro e 10 de outubro.
  • Obradoiro “O teu tempo, o teu lecer”, taller de xestión do tempo, orientado a establecer momentos de ocio para as coidadoras. Celebrarase o 17 e 24 de novembro.
  • Obradoiro “Como por límites e non morrer no intento” no que aprenderanse habilidades relacionadas coa comunicación. Sesións o 31 de outubro e o 7 e 14 de novembro.
  • Obradoiro “As cousas do querer” centrarase nas relacións afectivas. Celebrarase o 21 de novembro.
  • Obradoiro “1, 2, 3 respira outra vez” actividade no que as participantes aprenderán técnicas de relaxación e conciencia corporal. A sesión celebrarase o día 28 de novembro.

As mulleres interesadas en acudir a estes obradoiros, nos que ademais do Concello colabora a Deputación da Coruña, teñen que se poñer en contacto co departamento de Servizos Sociais de Ortigueira, no número de teléfono 604 006 131 ou a través do correo electrónico rcarballeira@concellodeortigueira.com, onde terán máis información e poderán inscribirse.

“Conciliortigueira” é unha iniciativa cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, e ten como obxectivo compatibilizar os horarios no ámbito persoal, laboral e familiar para proporcionar ás familias medidas de organización do tempo de traballo que faciliten a súa conciliación familiar. O programa inclúe diversas actuacións:

“Almorzos na escola” no curso 2018-2019: trátase dun servizo que atende de forma personalizada ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e que funciona de luns a venres no CEIP José María Lage a partir das 7.30 horas. Ata o comezo das clases os usuarios almorzan, aprenden hábitos saudables e de hixiene e realizan actividades de lecer cun monitor/a especializado. A iniciativa trata de favorecer a conciliación dos pais e nais que traballan nese horario. Para se apuntar hai que acudir ás oficinas do CIM e para ter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 402 542.

Os nenos e nenas almorzan no Colexio, aprenden hábitos saudables e teñen tempo de lecer ata o comezo do horario escolar.

“Sen cole no cole” no curso 2018-2019: trátase dun servizo gratuito que funciona en periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa no CEIP José María Lage, de 9.00 h a 14.00 horas, nos que os rapaces e rapazas desenvolven diversas actividades e xogos. A iniciativa trata de favorecer a conciliación dos pais e nais que traballan nese horario.

Dende o Concello de Ortigueira solicítase e tramítase o servizo telefónico de Atención e protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO) e que consiste na utilización de tecnoloxías de comunicación móbil e telelocalización coa finalidade de garantir unha resposta rápida ás eventualidades que poidan ocorrer as 24 horas do día ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Trátase dunha ferramenta de traballo e coordinación que ten como obxectivo servir de ferramenta para a colaboración interinstitucional no ámbito municipal na loita contra a violencia de xénero. Anualmente, a Mesa de Coordinación interinstitucional que conta con representantes da sanidade, xulgado, abogacía, Garda Civil, Policía Local, Servizos Sociais e CIM, reúnese para poñer en común as situacións e problemas que se presenten con relación a violencia de xénero, revisar a coordinación e as incidencias que podan xurdir e promover accións de mellora do protocolo. Trimestralmente, a Mesa de seguimento integrada polos Servizos Sociais, o CIM, a Policía Local e a Garda Civil reúnese para o seguimento dos casos e das ordes de protección.

O Concello de Ortigueira colabora no programa de cumprimento de penas mediante traballos en beneficio da comunidade, co obxectivo de colaborar na reinserción e integración social. Esta é unha medida alternativa ao ingreso en prisión cunha función reeducativa, e consistente en que as persoas participantes desenvolven tarefas de limpeza ou mantemento (sen retribución) de espazos ou edificios públicos municipais.

Este programa desenvólvese nos centros sociocomunitarios do Concello repartidos polas distintas parroquias en horario de tarde. En ditos centros ofrécense obradoioros de estimulación psicosocial, informática (ou alfabetización dixital) e ximnasia de mantemento. Os obxectivos son fomentar a participación da veciñanza, adquirir habilidades, evitar a soidade e dinamizar as parroquias. Son actividades principalmente dirixidas aun público adulto e de balde.

Programa consistente na promoción entre as persoas con patoloxías crónicas (con prescripción facultativa) da realización de exercicios tanto no auga como en seco nas instalacións da piscina municipal. Trátase de promover a actividade física na procura de hábitos de vida activa entre os participantes. É un programa gratuito para os participantes.

Os obxectivos perseguidos con esta iniciativa son, nos que se traballou coas mulleres das parroquias de Loiba e San Caludio:

  • Crear un espazo de empoderamiento para as mulleres a través da reflexión e a indagación das súas propias historias de vida.
  • Recuperar a memoria das mulleres e poñer en valor o seu legado.
  • Dignificar a contribución e a presenza das mulleres á comunidade local.

Este proxecto divídese en dúas fases:

  1. Por unha banda, a través de unha serie de reunións grupais faise un traballo de autoconciencia colectiva, de mergullar entre as súas narrativas e recuperar as súas achegas e posicionalas finalmente onde se merecen.
  2. Por outra banda, recoller nunha pequeña publicación as historias de vida das mulleres, os seu relatos, e ás súas viviencias.

O proxecto foi executado pola entidade Almas Meraki, e presentado no Teatro da Beneficencia o venres 19 de outubro de 2018.

Back to top