Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello obtén 90.850 euros de axuda da Consellería de Política Social para a promoción da igualdade neste 2024

O Concello de Ortigueira obtivo unha subvención por un importe de 90.850,93 euros da Consellería de Política Social e Promoción da Igualdade para a promoción da igualdade neste ano 2024. A concesión foi publicada hoxe, xoves 2 de maio, no DOGA.

En concreto, o Concello contará con estas partidas:
  • 60.000 euros para o Programa de Apoio aos CIMs que financia o custo de persoal (avogada e psicóloga do CIM).
  • 28.122,93 euros no Programa do Plan Corresponsables no ámbito local que abarca el Programa de Conciliación Municipal Conciliortigueira.
  • 2.728 euros para o Programa de Promoción de Igualdade e Prevención da violencia.
Back to top