Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello pon en marcha a campaña “Homes que coidan”

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ortigueira a través do Centro de Información á Muller e coa cofinanciación do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade, pon en marcha unha campaña sobre corresponsabilidade “Homes que coidan” na procura de promover unha reflexión social e colectiva sobre o papel dos homes nos coidados e na distribución do tempo. A iniciativa pon en valor novas formas de masculinidade, mas igualitarias, corresponsables e comprometidas coa igualdade real.

O proxecto combina comunicación social, educación e acción cultural participativa, cunha linguaxe próxima, positiva e accesible. As actividades inclúen:

– Produción audiovisual para visibilizar homes de Ortigueira implicados nos coidados e na igualdade.
– Accións formativas nos centros educativos de Ortigueira.
– Elaboración de materiais didácticos e recursos para o traballo en contornos educativos, sociais e laborais.

O enfoque diríxese á cidadanía en xeral e ás entidades locais, educativas e sociais colaboradoras.

O obxectivo e fomentar unha cultura da corresponsabilidade e das masculinidades igualitarias en contornos locais e educativos, poñendo o foco no rol coidador dos homes e na transformación dos roles de xénero.

No día de hoxe arranca a campaña no IES Ortigueira coa charla taller “Homes que coidadan, masculinidades disidentes”, a cargo do profesor de filosofía, Pepe Cabido, formador en igualdade, colaborador coa UDC no mestrado de profesorado e no mestrado de xénero e galardoado con varios premios de innovación educativa.

Descarga a guía aquí.

Back to top