O Concello de Ortigueira celebra un ano máis as “Xanelas do Nadal”
A actividade pretende fomentar a relación entre veciños nos días previosás festas do Nadal.
O prazo para inscribirse finaliza o venres 27 de novembro.
O Concello de Ortigueira continúa outro ano máis coa celebración da actividade “Xanelas do Nadal”, que pretende fomentar a relación entre veciños os días previos ás celebracións do Nadal.
As persoas interesadas en participar deben decorar e iluminar unha fiestra da súa casa e “inaugurala” o día elixir. A inauguración consiste noutra invitación xeral a todos aqueles que se queiran achegar a compartir unha bebida e algo de picar —na medida das posibilidades de cada un—.
Por terceiro ano, a actividade levarase a cabo en todas as parroquias do concello que queiran participar, utilizando os centros sociais como punto de reunión. Poden participar asociacións, colectivos, comerciantes e comunidades de veciños. As fiestras iran iluminándose por números, ata completar o calendario de advento, desde o 1 de decembro ata a noiteboa.
As inscricións realizan de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, na Oficina de Turismo ou no teléfono 981422089. O prazo para inscribirse remata o venres 27 de novembro.
Como en anos anteriores, recórdase que esta actividade é un proxecto veciñal sen carácter relixioso e que pode participar calquera veciño independentemente das súas crenzas.