Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO OUTORGA UN TOTAL DE 113 AXUDAS PARA PEMES, AUTÓNOMOS E SECTOR PRIMARIO POR UN TOTAL DE 162.000 EUROS

O Concello de Ortigueira fixo balance das axudas concedidas para pemes, autónomos e sector primario por un total de 161.633,61 euros.

Concedéronse nun marco dunha crise sanitaria sen precedentes e para estar ao lado de quen máis o necesitaron dentro do tecido empresarial local.

Así, un total de 113 establecementos víronse beneficiados destas axudas, que seguiron tres liñas principais: a convocatoria realizada con fondos municipais, cunha dotación económica de 200.000 euros e co obxectivo de impulsar a actividade económica no termo de Ortigueira; outra tamén convocada con fondos municipais dirixida a profesionais do sector primario e unha última a través do Plan Reactiva da Deputación da Coruña.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, sinalou que “fronte ás adversidades, quixemos estar de lado dos que máis sufriron as consecuencias da pandemia provocada pola COVID-19, os pequenos e medianos empresarios orteganos, xa que viron mermada a súa actividade por mor dos peches e con estas axudas podemos contribuír a reactivar a economía local, algo fundamental neste contexto”, afirmou, á vez que lle gustase “que a tramitación fose máis áxil, pero habemos de seguir as canles de tempo e forma que esixe a administración”, asegurou.

Back to top