Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ASINA CON ECOEMBES UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA ADQUIRIR CONTEDORES DE RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES LIXEIROS, PAPEL E CARTÓN

O Concello de Ortigueira dá un paso máis na súa firme aposta polo respecto, coidado e preservación do medio ambiente, á súa vez que continúa a súa liña de concienciación sobre a importancia de separar os residuos urbanos.

Por iso, a Adminstración local asinou con Ecoembes un convenio de colaboración para a adquisición de contedores de recollida selectiva de envases lixeiros, papel e cartón.

O contrato de adxudicación conta cun valor de 6099,88 euros, e repartiranse 15 recipientes para envases lixeiros e 3 para papel e cartón ao longo do termo municipal.

O edil de Medio Ambiente, José Luis Pérez, sinala a importancia de “incrementar o mobiliario correspondente para poder executar esta tarefa”, a la par que señala que “un pequeño xesto dun cidadán pode suponer unha acción moi grande para o noso planeta, e nesta liña debemos ir”, asegura.

Back to top