Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira é un escenario de película en “Nueva Tierra”

• O municipio ortegano acolleu a rodaxe do filme dirixido por Mario Pagano e protagonizado por Iván Sánchez
• Os cantís de Loiba e a zona do Picón son dous eixos paisaxísticos fundamentais na cinta
• Tamén aparecen artistas da talla de Imanol Arias e Lolita Flores

Nos últimos días o Concello de Ortigueira, e máis concretamente os cantís de Loiba e a zona do Picón, convertéronse nun escenario de película. A costa ortegana vestiuse de gala para acoller a rodaxe da película “Nueva Tierra”, dirixida por Mario Pagano e protagonizada por Iván Sánchez, que mestura os xéneros de ciencia ficción, thriller, aventura e drama.

O actor, Iván Sánchez, que tamén é produtor da película, afirmou que “en cuanto Mario me pasó el guion ya pensé directamente que se debería rodar en Galicia”.

“Llegué a esta zona gracias a una amiga y la verdad es que el paisaje es de una belleza increíble y la geología aquí presente me ha dejado totalmente fascinado” engadiu o protagonista da película.

Anteriormente, esta zona xa fora escenario doutras películas como “Matías juez de línea” (1998), “Hotel Danubio” (2003), “O tesouro”(2007), “Os Crebinsky” (2010), O rebelde (2016), e series televisas como “La ira” e “Piratas”.

O alcalde, Juan Penabad, quixo declarar que “estamos moi orgullosos de que producións deste calibre elixan ou noso municipio para ser unha dás localizacións, mostrando ao mundo a través das cámaras a beleza paisaxística das nosas terras”.

O concelleiro de turismo, Juan Cao, quixo engadir que “esta filmación supón, ademais, mostrar ao mundo o noso Concello, para que visitantes de diferentes partes da xeografía se decidan a visitarnos”. Por último, tanto rexedor como concelleiro deséxanlles ao produtor, ao actor e demais persoas implicadas, moito éxito coa película.

Back to top