Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello conmemora o Día do Teatro cun espectáculo para o alumnado do CEIP José María Lage

O Concello de Ortigueira programa para este venres, 25 de marzo, data de conmemoración do Día Mundial do Teatro, cunha dobre función, ás 11:00 e as 12:30 horas, da obra de monicreques “A carteira de Augas Claras” da compañía Bincadeira para todo o alumnado do CEIP José María Lage.

O Concelleiro de Cultura e Educación, Juan Cao, destaca que con esta colaboración co centro educativo realizando a actividade en horario escolar ”é unha forma de achegar o teatro a todas e todos as nenas e nenos do Municipio”.

Back to top