Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira celebra a ‘Semana da árbore’ con plantacións nos centros educativos e na residencia de maiores

Arrinca a ‘Semana da árbore’ en Ortigueira coa plantación dun exemplar de laranxeira clementina na residencia do municipio. O acto celebrado na xornada de hoxe contou cunha homenaxe en recordo a Isabel Álvarez.

No evento participou tamén o alcalde, Juan Penabad Muras. Mañá continuarán as actividades en conmemoración do Día da Árbore, 21 de marzo, con outra plantación en Galiña Azul, neste caso dunha maceira. O mércores levaranse a cabo tamén plantacións en ASPROMOR, o xoves no CEIP José María Lage e o venres no IES de Ortigueira.

Ademais, durante o xoves 24, repartiranse árbores entre as persoas usuarias da biblioteca Juan Fernández Latorre. Con esta iniciativa o equipo de goberno busca sensibilizar sobre o medio ambiente e a importancia do seu coidado.

Back to top