O centenario do Belén de Díaz Baliño inaugura o Nadal en Ortigueira
Ortigueira presentou onte un ano máis o seu icónico Belén, creado fai 100 anos polo artista ferrolán Camilo Díaz Baliño. A súa iconografía e decorado en varios planos fai que este Belén sexa un dos máis recoñecidos de Galicia.
A maioría das figuras corresponden ao ano 1924 e, algunhas delas, adquiriron nomes populares por ser parecidas ás persoaxes da vida ortigueirense da época.
O propio Díaz Baliño ‘regresou’ desde o pasado (a través dun actor caracterizado para a ocasión) para dar o pregón, 100 anos despois de ceder a súa creación á parroquia de Santa Marta. Asimismo, o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, fixo entrega, en nome de todo o pobo de Ortigueira, dunha figura especial.
“Por tratarse dun año especial, o Concello vai facer entrega á parroquia e, por extensión, a todo o pobo de Ortigueira, dunha nova figura. É unha obra única coa firma da ceramista Carme Romero, que representa a unha veciña ortigueiresa levando o máis típico da nosa gastronomía: a famosa tarta de Ortigueira”, apuntou durante o evento Ana Cartelle, concelleira de Cultura, Saúde e Educación.
No acto de inauguración o goberno local agradeceu a presenza do conselleiro, así como a tódolos responsables da montaxe do Belén ano tras ano.
Con esta inauguración, Ortigueira dá comezo de maneira oficial ao seu Nadal, que contará con actos coma as Xanelas de Nadal desde mañá, martes día 5, ou o acendido das luces, previsto para a ponte.