Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

‘Expressarte’ chega ao Concello o 1 de decembro

Chega a Ortigueira a exposición ‘Expressarte’ do 1 ao 23 de decembro na Casa do Concello. As quince fotografías da exhibición foron realizadas dende un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). Dita iniciativa buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.

A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dentro das actividades que ofertan ás entidades locais en colaboración coa Fegamp.

Back to top