Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A mocidade de Ortigueira xa pode apuntarse á campaña de neve da Deputación

  • O prazo de inscricións estará aberto ata o 14 de decembro e poderán realizarse as solicitudes nas oficinas municipais ou a través de sede electrónica.
  • A actividade diríxese a nenos e nenas de 12 a 15 anos.

Ortigueira abre o prazo para que a mocidade de 12 a 15 anos, inclusive, se apunte á campaña de neve da Deputación da Coruña, que conta coa colaboración do Concello. A excursión á estación de Valgrande- Pajares (Asturias) realizarase do 18 ao 21 de febreiro de 2022.

Desde hoxe, 30 de novembro, e ata o 14 de dicembre as persoas interesadas en participar poderán anotarse nas oficinas municipais ou na sede electrónica. A cota de inscrición é de 85 euros, que se abonarán posteriormente á confirmación das seis prazas dispoñibles para o concello.

No caso de haber máis solicitudes que prazas se realizará un sorteo o 15 de decembro ás 11:00 horas no edificio de Concello. Os nenos e nenas que nunca asitiran a campañas de inverno terán preferencia.

 

Modelo de inscrición: Inverno_2022_-_triptico_A4__Formulario2

 

Back to top