O Concello de Ortigueira quere coñecer o grao de satisfacción dos veciños con respecto aos servizos públicos municipais, para o que pon en funcionamento unha enquisa de valoración dos mesmos.
Coñecer a valoración dos servizos e das políticas municipais, e polo tanto, coñecer a percepción que a veciñanza ten deles, permite identificar os principais problemas do Concello co obxectivo de desenvolver de xeito prioritario proxectos que melloren a atención aos veciños e veciñas.
Para realizar a súa valoración debe completar a enquisa de avaliación de servizos dispoñible a continuación: