O Concello de Ortigueira realiza unha xestión mixta no que respecta á recadación dos impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos. É dicir, hai determinados tributos nos que as competencias de recadación están delegadas polo Concello, e polo tanto o pago de ditos recibos xestiónase desde os servizos tributarios da Deputación da Coruña ou na empresa xestora do servizo en cuestión.
En determinados casos, tamén o pago pode realizarse nas instalacións municipais nas que se leva a cabo a actividade pola que hai que abonar a taxa. No resto dos casos, a xestión e o cobro corre a cargo dos servizos municipais sitos no Concello.
Nos seguintes desplegables pode consultarse toda a información dispoñible para saber como levar a cabo o pago dos recibos municipais: