Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE CONTACTO GES E PC ORTIGUEIRA

Centro Social de Cuíña. Lugar de A Clara, s/n. 1º Andar.
696 446 870 – Emerxencias: 112.
Horario: 24 horas / 365 días ao ano.
Persoa de contacto: Jaime Villar – pcortigueira@gmail.com
IR Á LIGAZÓN Situación da sede do GES e Protección Civil no Google Maps

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ortigueira está formado por 12 efectivos, e o seu ámbito de actuación comprede os concello de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Mañón, Cerdido, Somozas e Moeche. A agrupación de Protección Civil conta aproximadamente con 22 voluntarios.

A coordinación técnica dos GES e de Protección Civil, en función das características da emerxencia ou actividade preventiva será cos servizos contra incendios, cos distritos forestais e/ou coa central de atención ás emerxencias, 112 Galicia.

Os GES e Protección Civil exercen funcións en distintos ámbitos:
  • Incendios: prevención e actuacións en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación.
  • Pragas: prevención e actuacións sobre pragas (vespa velutina), así como pragas e doenzas forestais.
  • Tráfico: en situacións de risco e emerxencias, mantemento da rede de estradas.
  • Riscos: intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevadas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca, riscos inducidos polo home.
  • Protección civil: colaboración en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados.
  • Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.

SE TEN UNHA EMERXENCIA, CHAME AO 112

Non hai eventos

Back to top