Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira presenta unha nova edición do seu concurso de escaparatismo

O Concello de Ortigueira presenta unha nova edición do seu concurso de escaparatismo, co obxectivo de dinamizar e potenciar as compras no comercio local.

Poderán participar todos os establecementos comerciais e de hostalería do municipio que teñan escaparates na vía pública e manteñan a súa actividade no momento do concurso.

Os establecementos interesados en participar poderán anotarse, de forma completamente gratuíta, cubrindo a ficha de inscrición e presentándoa nos rexistros municipais, presencial ou electronicamente, ata as 14:30 horas do 21 de decembro.

Todos os participantes terán que ter os seus escaparates decorados, como mínimo, desde o 21 de decembro de 2023 ata o 6 de xaneiro de 2024 e optarán a dous premios en metálico: o primeiro terá un valor de 250 euros e o segundo de 150 euros.

Entre as cuestións para valorar polo xurado están a orixinalidade, a creatividade, o traballo e o reflexo do espírito do Nadal na composición. O seu veredicto darase a coñecer o día 11 de xaneiro de 2024.

As persoas interesadas poden consultar e descargar as bases do concurso na sede electrónica municipal.

Back to top