Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira impulsa unha recollida de xoguetes para que ningún neno quede sen agasallos de Nadal

  • O material poderá entregarse no departamento de Servizos Sociais ata o 22 de decembro
  • A concelleira de Igualdade, María Lamelas, resaltou o “valor humano” da iniciativa
  • Esta medida súmase ao programa ‘ Agasallos de Nadal’, ao que o Concello dedicou 2.700 euros

O Concello organiza unha recollida de xoguetes novos ou en bo estado para que ningún neno ou nena do municipio quede sen agasallos de Nadal. O material poderá entregarse no departamento de Servizos Sociais do Consistorio, en Recheo da Alameda s/n, ata o 22 de decembro.

Os xoguetes poderán depositarse de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 horas. Aquelas familias que os necesiten poderán recollelos no mesmo horario e instalacións.

A concelleira de Igualdade, María Lamelas, sinalou que esta iniciativa súmase “ao programa ‘Agasallos de Nadal’, que contou cun orzamento de 2.700 euros e que repartiu vales de 100 euros por rapaz e rapaza que poden ser canxeados nos establecementos locais adheridos á campaña”.

Lamelas destacou o “valor humano” da iniciativa, “que estou segura de que terá un enorme éxito, xa que a solidariedade é un dous maiores activos da nosa poboación”. A edil argumentou que “estas actuacións buscan favorecer a igualdade de toda a rapazada, para que ninguén pase un Nadal sen a visita de Papá Noel e vos Reis Meigos”.

Back to top