Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA DOTARÁ A LAS BRIGADAS DE INCENDIOS DE DOS NUEVOS VEHÍCULOS

O Concello de Ortigueira alugará dous novos vehículos para dar apoio ás brigadas de prevención e loita contra incendios do municipio nas tarefas de vixilancia que desempeñan.

O aluguer deste novo equipamento levará a cabo grazas a unha subvención de 7.000 euros que o Concello recibiu da Consellería do Medio Rural, relativa á prevención de incendios no territorio.

Agora que chega o verán, o Consistorio reforzará os equipos dedicados á vixilancia e actuación neste tipo de emerxencias. “O novo equipamento permitirá ás e aos profesionais que conforman as brigadas contar con máis material para desenvolver as súas tarefas de vixilancia e defensa ante posibles incendios forestais na contorna”, indicou o alcalde do municipio Juan Penabad Muras.

Back to top