Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO CONVOCA 58 PRAZAS PARA A ESTABILIZACIÓN DO TRABALLO TEMPORAL

O Concello de Ortigueira acaba de aprobar e publicar dúas ofertas de emprego público extraordinarias para estabilizar o traballo temporal que inclúen un total de 58 prazas estruturais.

O Consistorio anuncia a medida atendendo aos criterios marcados polo Ministerio de Facenda que teñen por meta a redución da taxa de temporalidade nas administracións públicas a unha porcentaxe inferior ao 8%.

O Concello reuniuse con representantes de empregadas e empregados públicos para establecer os criterios para seguir nas convocatorias destes procesos que incluirán as prazas estruturais que estivesen ocupadas ininterrompidamente nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016 ou de 2017.

Estas bases serán comúns para os procesos selectivos das prazas vacantes de funcionariado de carreira (escalas xeral e especial) así como do persoal laboral aprobadas nas ofertas de emprego público de 2017 e 2021. A selección realizarase mediante concurso-oposición.

O prazo para que as persoas interesadas preséntense será de vinte días naturais desde que se anuncie o proceso no Boletín Oficial do Estado. As solicitudes deberán realizarse no rexistro electrónico do Concello https:// ortigueira. sedelectronica.es/ .

Back to top