Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello xestiona a acollida de refuxiados ucraínos en Ortigueira

O Concello de Ortigueira habilita o correo electrónico serviciossociais@concellodeortigueira.com para que as persoas que poidan ofrecer unha vivenda ou acoller a persoas refuxiadas de Ucraína nos seus domicilios informen desta posibilidade. A través desta iniciativa, o Concello ofrécese a xestionar o proceso.

As persoas interesadas deben escribir un correo electrónico a serviciossociais@concellodeortigueira.com facilitando o seu nome e apelidos, dirección e número de teléfono. Na mensaxe tamén deben sinalar ao número de persoas que poden acoller.

Punto de recollida de material para Ucraína

O Concello tamén solicita que as persoas que entreguen material no centro social de Ortigueira fágano en caixas de fácil transporte para poder xestionalas con máis eficiencia.

A recollida realízase en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e as doazóns poden realizarse en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Segundo sinalan desde o Banco, onde se entregará o material para a súa posterior entrega, necesítase leite infantil, comida preparada en lata e material sanitario para curas de urxencia. Tamén é necesaria roupa e calzado para neno de talla 44 e 35 e de nena de talla 39.

Ademais, aquelas persoas que queiran facer unha doazón económica poderán facelo no propio Banco de Alimentos, que está ás xestionar a través da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As achegas poderán facerse no Banco en horario de 9:00 a 13:00 horas de luns a venres.

Back to top