Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA ACOLLE A EXPOSICIÓN DOS PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Ortigueira mostra no Claustro superior do edificio do Concello a exposición dos premios María Josefa Wonenburger Planells, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade e que estará aberta ata o 24 de febreiro.

A mostra pretende visibilizar e aproximar á cidadanía as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, a través dun achegamento ao traballo das que foron galardoadas co devandito premio desde o ano 2007 ata o 2017.

A celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia instituiuse no ano 2015 por decisión da Asamblea Xeral das Nacións Unidas como unha iniciativa para lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, conseguir a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

Back to top