Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OFRENDA FLORAL AO ESCRITOR, XEÓGRAFO E HISTORIADOR ORTEGANO JULIO DÁVILA

Este venres, 11 de xuño, ás 17:00 horas realizarase no cemiterio municipal de Ortigueira unha ofrenda floral ao escritor, xeógrafo e historiador ortegano Julio Dávila con motivo do 150 aniversario do seu nacemento e os 50 anos do seu pasamento.

Con este acto inícianse os eventos que organiza o Concello de Ortigueira para conmemorar esta efeméride, cos que se pretende dar a coñecer a figura e obra de Dávila.

A ofrenda estará presidida polo concelleiro de Cultura, Juan Cao, e contará coa participación da familia e do actual cronista do Concello, Xosé Carlos Breixo. O director da Escola de Gaitas de Ortigueira pechará o acto interpretando o himno galego. O aforo do evento será limitado.

Back to top