Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CONVOCA UNHA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL PARA O POSTO DE XEFE DAS BRIGADAS CONTRA INCENDIOS

BOP

O Concello de Ortigueira convoca unha bolsa de emprego temporal para o posto de xefe das brigadas de prevención e loita contraincendios. O prazo para presentar solicitudes estará aberto durante cinco días naturais a contar a partir de hoxe, 9 de xuño.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle a ampliación da bolsa de traballo para cubrir o posto de xefe no momento da posta en marcha das brigadas ou cando se produzan vacantes nas mesmas.

Para poder presentarse, as persoas interesadas deberán posuír a titulación de enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico de traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

Os e as solicitantes terán que ter plena dispoñibilidade, xa que o contrato será de 40 horas semanais prestadas de luns a domingo. O horario será fixado polo Servizo de Incendios da Xunta ou pola Alcaldía.

Os traballos para realizar inclúen a prevención, vixilancia e defensa contraincendios forestais que diminúan o risco de propagación e reduzan os danos destes.

As solicitudes poderán presentarse nun prazo de cinco días naturais contados a partir de hoxe, 9 de xuño, nos rexistros electrónico ou presencial do Concello. No caso de presentarse no Rexistro Xeral haberá que solicitar cita previa no teléfono 981 400 000 na extensión 322.

Back to top