Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO DE CREACIÓN E EDICIÓN DE TEXTOS E CHARLA SOBRE A PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE CONTIDOS DIXITAIS NA AULA CEMIT

A Aula CeMIT de Ortigueira organiza este xoves unha actividade de divulgación sobre “Acceso á plataforma de préstamo de contidos dixitais”, a partir das 11.30 horas. Nesta xornada tamén continuará o obradoiro de LibreOffice Writer (creación e edición de textos) que se prolongará ata o 30 de abril e que se desenvolve de 16.00 a 17.15 horas.

Exposición

Por outra banda, dentro da programación cultural muncipal para este mes, o venres 7 ás oito da tarde inaugurarase no claustro alto do edificio do Concello a exposición de fotografías de Victoria Díaz Castañeira que leva por título “A orixe do mundo”. Permanecerá aberta todo febreiro.

Back to top