Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA SERÁ DO 12 AO 19 DE SETEMBRO

A Escola de Música Concello de Ortigueira abrirá o seu prazo de matrícula do 12 ao 19 de setembro. Terá que formalizarse na secretaría do centro en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. A presentación do curso celebrarase o día 26 ás 19.30 no Teatro de Beneficencia, pero antes o alumnado elixirá horario segundo o seguinte calendario:

  • Día 20 de setembro: Percusión ás 18.00, Corda ás 19.00 e Gaita e Acordeón ás 20.00.
  • Día 23 de setembro: Vento e Metal ás 18.30, Canto ás 19.00 e Dirección ás 20.00.
  • Día 24 de setembro: Vento e Madeira ás 18.30 e Piano ás 19.30.

A Escola de Música Concello de Ortigueira naceu no ano 2000 para fomentar e consolidar a afección á música entre nenos e adultos. A idade mínima para se matricular é de tres anos. Ao longo do curso organízanse tamén programas sociais, circuítos de concertos e traballo coas diferentes agrupacións xurdidas da escola.

As persoas interesadas poden descargar o impreso da matrícula na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Impreso de matrícula EMCO

Back to top