Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

‘O maior encontro’ reúne no restaurante Planeta aos maiores de Ortigueira

Ortigueira reúne aos seus maiores nun encontro pensado para fomentar a participación social e evitar o illamento.

Será ‘O maior encontro’, unha comida no restaurante Planeta, en Espasante, na que haberá animación musical e algunha que outra sorpresa.

Terá lugar o domingo, 3 de decembro, e dará comezo a partir das 13:00 horas.

Poden asistir todas as persoas maiores do municipio, tanto soas como acompañadas, por un prezo de 15 euros que inclúe o menú. As persoas que desexen asistir poden inscribirse a través do departamento de Servizos Sociais, no número de teléfono 981 400 000.

Desde o Concello de Ortigueira anímase a todas as persoas a participar neste encontro e reunirse cos veciños e veciñas da localidade, nun ambiente festivo e de fraternidade.

Esta iniciativa está subvencionada pola Xunta de Galicia, no marco da Consellería de Política Social e Voluntariado.

 

Back to top