Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O MAGO ROMÁN LEVA ESTE SÁBADO AO TEATRO DA BENEFICENCIA O SEU “LABIRINTO DE ILUSIÓNS”

O mago Román actuará este sábado, día 12 de decembro, ás 20.00 horas no Teatro da Beneficencia ofrecendo o seu espectáculo “Labirinto de ilusións”. Trátase dunha función de 75 minutos de duración chea de maxia visual e sorprendente con toques de comedia de situación e moita participación do público.

Román García é membro da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo e da Asociación de Magos Profesionais de Galicia e as súas creación foron presentadas e premiadas en numerosos congresos nacionais e internacionais de ilusionismo.

As entradas teñen un prezo de 3,50 euros e, como sempre, prégase aos asistentes que leven o importe exacto ou paguen con tarxeta por razóns de hixiene. O aforo será reducido e o acceso á sala realizarase pola porta traseira do teatro.

Back to top