Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O LIBRO SOBRE A HISTORIA DO FÚTBOL EN CARIÑO PRESENTARASE O SÁBADO NO TEATRO DE BENEFICENCIA

O Teatro de Beneficencia de Ortigueira acollerá este sábado o acto de presentación do libro “Fútbol e outras historias de Cariño Vello. Os comezos do fútbol en Cariño e comarca do Ortegal (1917-1988)”, do que son autores Antonio Peña Villar, Ana María Peña e Kico Peña.

O encontro dará comezo ás 19.30 horas e participarán no mesmo Manuel Canto, Jerónimo Martínez (Xiró), Manuel Sáa e José Ramil, ademais dos autores. Javier Martínez Prieto tamén intervirá como presentador.

A Asociación Terras do Ortegal está detrás da publicación dun libro de 500 páxinas no que se fai un exhaustivo repaso á historia do deporte do fútbol na comarca do Ortegal, así como outras curiosidades relacionadas coa localidade.

Back to top