Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O goberno local celebra que a Xunta atendera á súa petición para dotar ao GES dun camión

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de #Ortigueira conta xa cun camión tipo Bomba Rural. O vehículo ten tracción integral e conta cunha cisterna de auga de capacidade de 3.500 litros para intervir en caso de incendio.

O equipo de goberno local celebra que a Xunta atendera á súa petición dun novo camión motobomba para o grupo, co obxectivo de que este conte cos medios necesarios para actuar con máxima eficiencia e rapidez.

“Os vehículos dos que dispoñen agora xa contan con bastantes anos de uso, polo que consideramos esencial un novo para atender a toda a comarca dada a súa gran superficie forestal”, sinalou o alcalde Juan Penabad Muras.

Back to top