Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello solicita unha subvención ao Goberno central para rehabilitar o CEIP José María Lage

  • O goberno local de Ortigueira solicitou ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana unha axuda de 941.816 euros para executar un importante proxecto no inmoble.
  • A iniciativa, valorada nun total de 943.649 euros, permitirá renovar o illamento en fachadas e tellado, así como substituír a caldeira actual por unha instalación de aerotermia e placas fotovoltaicas.
  • Os traballos permitirían aforrar en custos de mantemento e funcionamento do inmoble, así como mellorar a súa calidade e, por tanto, o benestar das persoas que usan o recinto.
O Concello de Ortigueira solicita ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana unha subvención para realizar unha importante actuación de rehabilitación no edificio do CEIP José María Lage. O Consistorio xa preparou o proxecto, valorado en 943.649 euros, e agora pide ao Goberno central subvencionalo a partir do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Atendendo ás bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública e á convocatoria para a presentación de solicitudes no marco dese Plan do Estado, o goberno local de Juan Penabad Muras redactou a memoria descritiva e o orzamento para a intervención na escola.
Muras informa de que “solicitamos unha achega de 941.816 euros ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para poder facer realidade unha actuación moi necesaria para aforrar custos no mantemendo e funcionamento do inmoble e ademais mellorar a súa calidade e, polo tanto, o benestar de todo o alumnado e profesorado que acoden alí”.
Os traballos contemplados na proposta inclúen a mellora do illamento nas fachadas e cubertas da construción. Tamén se substituirá a caldeira de gasóleo actual por unha instalación de aerotermia e placas fotovoltaicas. “Unhas tarefas que permitirán ademais que o edificio sexa moito máis eficiente non ámbito ambiental, reducindo as emisión contaminantes e mellorando así a calidade de vida de toda a veciñanza”, engadiu Muras.
O Concello comprométese a realizar as dotacións orzamentarias necesarias en caso de ser beneficiario da axuda.
Back to top