Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello ponse a disposición da veciñanza para solucionar as incidencias no envío de recibos do imposto de vehículos agrícolas

O Concello de Ortigueira informa que se detectaron incidencias no envío de recibos do imposto de rodaxe de vehículos agrícolas.

Todas as persoas que reciban esta notificación, poden acudir a Tesourería, na Casa do Concello, os mércores e xoves en horario de 08:00 a 14:00 horas, para solucionar a situación.

Esta xestión deberá estar feita antes do día 19 de xullo.

Back to top