O Concello potencia a prevención de lumes cun investimento de máis de 55.000 euros
O Concello de Ortigueira vén de pechar os traballos de preveción de lumes por medios mecanizados, derivados do Convenio interadministrativo subscrito coa Consellería do Medio Rural para tratamentos preventivos contra o lume. Fixoo despois de investir os fondos derivados desta sinatura, que se elevaron ata os 55.292,16 euros.
O convenio, asinado en maio deste 2023, prevía unha actuación por medios mecanizados en camiños públicos de todo o Concello. Concretamente para unha superficie total de 172,8 hectáreas. Segundo o especificado na documentación, tratábase de “rozas mecanizada de matogueira con apeiro rozador de cadeas ou similar acoplado a tractor”.
O protocolo de actuación está cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.