Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Escola de Música de Ortigueira presenta a programación especial para conmemorar Santa Icía

A Escola de Música de Ortigueira creou un programa especial para conmemorar durante o mes de novembro a Santa Icía, patroa da música. Na súa canle de Youtube poderanse ver os cinco concertos programados, todos os mércores ás 20 horas.

Os tres primeiros estreos pertencen á Salida de Bandas 2023. A Banda de Gaitas de Ladrido será quen inaugure a programación o día 1, á que lle seguirán a charanga ‘O Alecrín’ o día 8 e a Banda de Gaitas do Ortegal o 15.

A seguinte actuación trátase dunha proposta vocal por parte do Conxunto Vocal da EMCO, o día 22. Interpretará a canción ‘Cando se pon a lúa’, baixo a dirección de Juan Pablo Montero e con Alejandro Vázquez acompañando ao piano. A última cita desta programación especial será o mércores 29 e retomará a Salida de Bandas, esta vez por parte da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Estas retransmisións son unha ferramenta para divulgar a cultura musical de Ortigueira a través dos diferentes grupos locais, así como dar a coñecer a escola e a súa labor entre os veciños e veciñas de Ortigueira, animándoos a formar parte dela. Asimismo, tamén é unha forma de entretemento e ocio para aquelas persoas que non puideron asistir no seu día ás actuacións.

Desde o Concello de Ortigueira animan a todos e todas a pasarse pola canle de Youtube da Escola de Música e desfrutar destos vídeos.

Back to top