Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aprazada a IV Concentración de Camións polas malas previsións meteorolóxicas

O Concello de Ortigueira decidiu aprazar a IV Concentración de Camións, prevista para este venres e sábado, 3 e 4 de novembro, polas malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana.

O parte meteorolóxico prevé fortes ventos e abundantes choivas para estas datas, o que provocou que a organización do evento tome esta difícil decisión. O goberno local optou por actuar con máxima prudencia e decidiu, así, aprazala para garantir a seguridade da cidadanía.

As persoas encargadas da organización mostran o seu completo pesar por verse obrigadas a tomar esta decisión, pero consideran que é “a mellor para todos e todas”. Lamentan, así mesmo, as molestias ocasionadas a todas as persoas que tiñan pensado achegarse esta fin de semana ata o municipio para gozar desta celebración.

Ademais, agradecen tamén o traballo de todas as persoas e empresas que colaboran para que poida desenvolverse.

“É un golpe moi duro para nós e para todas as persoas que cada ano se achegan a Ortigueira para gozar deste espectáculo, pero consideramos que é a mellor decisión e, sobre todo, a máis segura para todas as persoas que participan”, aseguran. “Contra ou mal tempo non se pode facer nada, non está nas nosas mans”.

Durante o día de mañá, o comité organizador reunirase co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, para buscar as novas datas, que se darán a coñecer o máis axiña posible.

Back to top