Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO LIMPA DE ACEITE VARIAS ZONAS DE ESTRADA DIANTE DO RISCO DE ACCIDENTE

O Concello de Ortigueira procedeu esta mañá a limpeza de varias zonas da estrada xeral pola aparición dunhas manchas de aceite, ante o risco de que puideran provocar algún accidente. Foi o propio concelleiro de Servizos, Miguel Ángel Yáñez, o que detectou o problema e deu aviso de inmediato aos servizos municipais para corrixilo. A pesar de que é unha estrada de competencia autonómica, o edil recorreu aos medios do Concello para evitar retrasos innecesarios.

As zonas afectadas foron a rotonda de Cuíña, a rotonda da vía de alta capacidade en Espasante, Barbeito e as curvas de Espasante a Viso, que axiña quedaron limpas.

Miguel Ángel Yáñez fixo un chamamento aos veciños e veciñas para que, se detectan calquera situación que poida supoñer un risco, como neste caso as manchas de aceite sobre a estrada, dean aviso ao Concello. Coa colaboración e a implicación da cidadanía pódense evitar -dixo- moitas situacións de perigo para as persoas.

Back to top