Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO FARÁ ENTREGA DURANTE OS VINDEIROS DÍAS DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN A TODA A VECIÑANZA DE ORTIGUEIRA

O goberno local reforza as accións de protección para á veciñanza na súa loita para evitar a expansión e os contaxios do Covid-19. Dende principios desta crise sanitaria, o Concello puxo en marcha diversas medidas de prevención a través da desinfección de rúas, prazas, mobiliario urbano, tanto na zona urbana como la zona rural; e actuacións para atender de forma especial as persoas máis vulnerables desta crise sanitaria.

Agora, nesta fase, o Concello da un paso máis no camiño da prevención e entregará durante os vindeiros días máscaras a toda á veciñanza. Para elo, contactará coas asociacións de veciños para explicarlles cómo se levará a cabo o reparto. A falta de este tipo de accesorios de prevención nas farmacias levou ao goberno local a tomar a decisión de adquirir este material e entregalo ás familias nos vindeiros días. Xa fixo a compra dunha remesa de 3500 máscaras a espera de recibir outras 1300 que xa ten encargadas e que se sumarán as que vai facendo entrega a Xunta que ata agora facilitou a Ortigueira 880 máscaras en varias entregas para servizos esencias municipais e axuda a domicilio.

O alcalde, Juan Penabad, asegurou que todos os veciños recibirán máscara nos vindeiros días e que se “houbese necesidade, o Concello o ampliaría a compra. O que temos claro e que todos os veciños e veciñas de Ortigueira recibirán máscara de protección”. Co obxectivo de que o reparto chegue a toda a poboación o Concello pediu a colaboración de entidades veciñais para facer unha listaxe coas persoas que hai por casa e poder así entregar as máscaras que son necesarias.

O reparto farase por persoal autorizado polo Concello e seguirá un protocolo atendendo primeiro a persoas máis vulnerables a Covid-19. Para elo, poden poñerse en contacto nos teléfonos 24 horas 981 40 25 42 ou 604 002 167. En estes teléfonos as traballadoras sociais do Concello serán as encargadas de recibir a información da persoa solicitante neste grupo de vulnerabilidade. O resto da poboación irá recibindo as mascarillas durante os vindeiros días.

Esta medida únese a outra que vai a poñer en marcha dende xa o Concello. Será o primeiro que o faga e consistirá en repartir en cada edificio comunitario unha tina e líquido/spray desinfectante. Será para colocar nos portais das vivendas e axudar a desinfectar o calzado.

O material será entregado a un representante do inmoble que será, nun primeiro momento, a persoa encargada de poñer en marcha esta acción. Ao entrar no edificio o veciño ou veciña meterá a suela do calzado na lámina liquida da tina e logo rociará con spray desinfectante. Entregarase tamén una folla para levar a cabo un control da limpeza. “É unha das recomendacións que se están a facer a nivel sanitario e creemos que temos que tamén axudar a poñer os medios á veciñanza para facelo. Todas as medidas suman á hora de evitar que os nosos veciños e veciñas se vexan afectados polo Covid-19” explicou o alcalde. O material será tamén repartido nos vindeiros días polo Concello en todos os edificios comunitarios.

Neste sentido, recomendase por outra banda levar a cabo a limpeza das patas dos animais ao entrar no edificio, empregando auga e xabón neutro.

Back to top