O Concello de Ortigueira segue a traballar da man de diversas entidades para dar resposta á crise humanitaria en Ucraína
Desde o Concello de Ortigueira informamos de que estamos a traballar man a man con entidades de recollida e Administracións para coordinarnos na resposta ante a crise humanitaria provocada polo conflicto en Ucraína.
Seguindo as recomendacións das entidades do comité de emerxencia, informamos de que polo momento non se recollerá máis axuda para envío ao país.
Agradecemos todas as achegas feitas ata o momento, coas que a nosa veciñanza amosou unha vez máis que Ortigueira é unha vila solidaria.
Manterémosvos informados e informadas sobre calquera nova en relación a isto a través das nosas canles oficiais.