Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira organiza para este domingo un magosto e xogos populares

  • Terá lugar na avenida Juan Luís Pía, na Penela
  • Ás 17 horas comenzarán os xogos tradicionais e ás 19 horas empezaranse a repartir as castañas para todos os que se acerquen ao lugar
  • Regalaranse 75 trompos aos primeiros nenos e nenas que cheguen ao lugar para empezar os xogos
  • Haberá carpa por se as condicións meteorolóxicas non acompañan

Ortigueira, 07 de novembro de 2022. O Concello de Ortigueira organiza para o vindeiro domingo, 13 de novembro, un magosto e xogos populares na avenida Juan Luís Pía, na Penela.

Ás 17 horas comezarán os xogos tradicionais, cunha gran variedade, pero nesta ocasión destacará a buxaina, debido a que como di o refraneiro popular “polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño”.

Desde a administración local regalarán 75 buxainas aos primeiros nenos ou nenas que se acheguen ata a zona de xogos, fomentando así que os máis pequenos da casa sigan mantendo no tempo estes entretementos que van pasando de xeración en xeración.

Un dos obxectivos desta actividade é recuperar os xogos tradicionais, pero tamén incentivar que os nenos e nenas volvan xogar na rúa como outrora, freando así o sedentarismo e o excesivo abuso das tecnoloxías e o uso de pantallas.

Ás 19 horas empezará o magosto popular, regalando castañas asadas, tanto aos veciños e veciñas, como aos visitantes que se acheguen ata a zona.

En palabras do alcalde, Juan Penabad, “organizamos esta actividade co ánimo de levar a cabo unha xornada interxeracional, na que vos maiores e vos pequenos dá casa compartan un día de xogos, momentos e vivencias”.

Segundo o concelleiro de Cultura, Juan Cao, “é importante organizar actividades como esta, que fomentan a convivencia e resaltan a importancia de manter as tradicións dá nosa sociedade”.

Tanto o Alcalde como o Concelleiro convidan a todos, tanto a veciños como a visitantes, a participar desta xornada de festa e tradición que se celebrará o vindeiro domingo na Penela.

Back to top