O Concello de Ortigueira incorpora unha persoa moza ao seu persoal no marco do programa de contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciado pola Unión Europea
O Concello de Ortigueira formalizou a contratación de a contratación dunha persoa moza como administrativa para o departamento de urbanismo, grazas a unha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, convocada mediante a Orde do 22 de maio de 2026.
A subvención, concedida por resolución da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais de 11 de agosto de 2026, ascende a 16.902,64 euros, equivalente aos custos salariais da persoa traballadora contratada e á cotización empresarial á Seguridade Social derivada do devandito salario. O contrato ten unha duración de nove meses e unha xornada laboral do 100 %.
A operación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do Obxectivo político 4, “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, a Prioridade 5, “Emprego xuvenil”, o Obxectivo específico ES04.1 e a Medida 5.A.02, “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.
O obxectivo desta actuación é favorecer a incorporación ao mercado de traballo das persoas mozas inscritas na Garantía Xuvenil, ofrecendo unha oportunidade de emprego de calidade que lles permita adquirir experiencia profesional no ámbito dos servizos municipais. Como resultado, o Concello reforza [área ou servizo municipal ao que se adscribe a persoa contratada], mellorando a atención á cidadanía e a dotación dos servizos públicos locais.
O Concello de Ortigueira agradece o apoio financeiro da Unión Europea e da Xunta de Galicia, que fai posible o desenvolvemento de políticas activas de emprego no concello.