Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira impulsa un Plan de Loita contra a soidade non desexada

Co fin de activar o Plan de Loita contra a Soidade non desexada que a Área de Benestar da Deputación da Coruña elaborou o pasado ano como experiencia piloto en tres concellos da provincia, entre eles o de Ortigueira, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade pon en marcha a Campaña de sensibilización contra a soidade non desexada abundando fundamentalmente na detección, prevención e intervención.

A campaña persegue detectar ás persoas maiores en situación de soidade, acompañalas e, ao mesmo tempo, construír redes comunitarias que fomenten relacións de apoio e axuda mutua. Faino incidindo ante a cidadanía de Ortigueira e concienciando sobre a importancia da participación das persoas maiores no ámbito da comunidade e das institucións.

Esta actuación supón o inicio doutras intervencións contempladas no Plan Local de loita contra a Soidade do Concello de Ortigueira, foi financiada pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Back to top