Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira acolle a exposición ‘Mujeres na cociña e outras dores de cabeza’, da pintora Montse Guitiérrez Valerio

Polo Día Internacional da Muller, o Concello de Ortigueira acollerá a exposición titulada ‘Mulleres na cociña e outras dores de cabeza’, da pintora Montse Gutiérrez Valerio.

Nesta mostra, a autora visibiliza estereotipos e roles femininos a través de imaxes de mulleres famosas dos anos 50, dándolles un punto de vista diferente para facer visibles as cargas domésticas que moitas mulleres levan nos seus ombreiros.

Dará comezo este venres, 1 de marzo, ás 18.00 horas, na sala de exposicións do claustro superior do Concello, e rematará o 30 de marzo.

A exposición conta con dúas partes diferenciadas según a técnica empregada: unha é obra gráfica con impresións dixitais sobre papel e outra é acrílico sobre lienzo.

A autora, licenciada en Belas Artes, foi docente de debuxo e artes plásticas en distintos institutos de secundaria e bacharelato en Galicia. Tamén obtivo numerosos recoñecementos, como o segundo premio no X Certame de pintura Comarca do Sar e a mención especial do Xurado no IV Certamen Internacional de Toledo Puche. Ademais, foi selecionada no 24º Certame de pintura Concello de Cambre , para o proxecto ‘Espacio Documental’ do CGAC, MARCO e a Fundación Luis Seoane ou no IV Premio de Pintura Eje Atlántico del Noroeste Peninsular.

Ademais, Gutiérrez fixo portadas e ilustracións de libros, como ‘Veña, campión faite feminista en dez cómodos prazos’ de María Donapetry e ‘Breve biografía dum pseudopoeta’, de Yasuhiro Yotsumoto.

Back to top