Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello adquire un inmoble de 730 #m² para dotar a Luía-Luama do seu primeiro local social

A compra permite poñer fin a unha demanda histórica da parroquia, que era a única das 22 que conforman o municipio sen un espazo público municipal para a asociación Luía-Luama

O Concello de Ortigueira formalizou a adquisición dun local de 730 m² situado na parroquia de Luía e que dará servizo á parroquia homónima e á veciña de Luama. O inmoble estará destinado a albergar as actividades e servizos da asociación Luía-Luhama, ofrecendo un espazo adecuado para a reunión dos veciños e o desenvolvemento de iniciativas comunitarias na zona.

Con este investimento, a administración local resolve unha situación de agravio comparativo que se mantiña no municipio, onde Luhía era a única das 22 parroquias que non contaba cun espazo social de titularidade municipal. A amplitude do recinto permitirá adaptar as instalacións ás necesidades actuais dos residentes e dinamizar a vida asociativa da contorna.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, mostrou a súa satisfacción por “unha vez máis, cumprir o noso compromiso cos veciños e veciñas de Ortigueira; neste caso, cos das parroquias de Luía e Luama”. O rexedor destacou que a operación responde “a unha reivindicación veciñal pendente desde facía anos” e confirma a vontade do goberno local de equipar por igual a todas as parroquias do concello, garantindo que dispoñan das mesmas oportunidades e infraestruturas para o seu desenvolvemento social.

Back to top