Aberto o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 na Escola de Música Municipal
O trámite xeral formalizarase do 1 ao 9 de setembro, mentres que a inscrición para os obradoiros estará activa na segunda quincena do mes.
O Concello de Ortigueira inicia o período de inscrición para o novo curso escolar da Escola de Música Municipal. Do 1 ao 9 de setembro de 2026, tanto o alumnado de novo ingreso como aquel que dispoña de praza confirmada poderá realizar a matrícula xeral a través do Rexistro Municipal.
Posteriormente, a elección dos horarios individuais levarase a cabo durante dúas xornadas consecutivas segundo a especialidade instrumental. O xoves 10 de setembro formalizaranse as quendas para vento-metal ás 18:30 horas, percusión ás 19:00 horas e guitarra ás 19:45 horas. O venres 11 de setembro continuarase con gaita ás 18:00 horas, piano ás 19:00 horas e pecharase ás 20:00 horas coas especialidades de canto e vento-madeira.
No relativo aos obradoiros formativos, que abarcan disciplinas como Música e Movemento ou Instrumentos Tradicionais, o prazo de solicitude estenderase desde o 15 ata o 30 de setembro no Rexistro do Concello. Esta oferta completaráse con dunas xornadas de portas abertas programadas durante a segunda quincena de setembro para dar a coñecer a actividade do centro.
O arranque da actividade lectiva estruturarase de xeito progresivo. As clases individuais darán comezo o 15 de setembro, seguidas polas materias de linguaxe musical e conxuntos o 22 de setembro. Pola súa banda, a actividade dos obradoiros empezará oficialmente o 1 de outubro.