Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello achega 5.000 € á Peña Ciclista Santa Marta

O acordo foi asinado hoxe polo alcalde, Valentín Calvín; a concelleira de Deportes e Promoción Económica, Isabel Rego; e o presidente da entidade, José Vicente Aguiar.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Deportes e Promoción Económica, Isabel Rego, asinaron esta mañá a concesión dunda subvención nominativa para apoiar á Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira. A contía ascende a 5.000 euros e servirá para apoiar os diferentes eventos que a entidade organiza ao longo do ano no municipio. Por parte da asociación deportiva, asinou o acordo o seu presidente, José Vicente Aguiar.

A Peña Ciclista organiza numerosos eventos deportivos ao longo do ano no municipio, destacando especialmente a Carreira Popular de Ortigueira, que este ano alcanzou a súa 12ª edición.
Calvín destacou na rúbrica do acordo “non só a importancia deportiva que clubs como a Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira teñen no noso municipio, que é indiscutible; tamén hai que poñer en valor a función social que desempeñan este tipo de entidades para dinamizar a vida na nosa vila”.

Pola súa banda, Rego quixo destacar “o crecemento constante da peña” e “o esforzo de toda a súa directiva e persoas voluntarias, que quitan tempo da súa vida privada para contribuír e organizar eventos como a carreira popular, a San Silvestre ou a carreira polos montes de Couzadoiro”.

Para finalizar, Aguiar agradeceu “a vontade do Concello de Ortigueira en apoiarnos, pois, sen esta financiación, sería moi complicado levar a cabo todas as actividades que realizamos ao longo do ano, xa que a nosa economía é moi modesta e precisamos do apoio das entidades públicas para poder continuar coa nosa actividade”.

Back to top